InicioSociedadeO Hospital Álvaro Cunqueiro amplía os sistemas de monitorización de pacientes con...

O Hospital Álvaro Cunqueiro amplía os sistemas de monitorización de pacientes con COVID-19 ingresados

Un dispositivo colocado nas súas camas recolle datos sobre a súa evolución e transmíteos ao Control de Enfermaría

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Álvaro Cunqueiro utilizou novos sistemas tecnolóxicos para monitorar as Unidades nas que se atopan ingresados pacientes con COVID-19 e mellorar o seu control e as súas condicións.

Segundo precisou a xerencia da área Sanitaria de Vigo, o sistema de monitorización estendeuse a Unidades de Coidados Intermedios e púxose en marcha o programa piloto ‘Habitación Intelixente’, que permite enviar información do paciente mediante cámaras wifi ao control de Enfermaría.

Deste xeito, reorganizouse a atención prestada en Unidades de Coidados Intermedios, centradas en pacientes de Neuroloxía, Cardioloxía e Pneumoloxía ingresados que necesitaban unha atención especial. Así, reorientouse a atención para adaptala a pacientes destas áreas con COVID-19 ou sospeitosos de padecela.

Nese sentido, a directora de Enfermaría da área Sanitaria, Pilar Reza, explicou que se reorganizaron as Unidades de Coidados Intermedios e as de críticos para asignar aos pacientes independentemente da súa patoloxía. Dado que os pacientes illados nas primeiras non son críticos pero precisan de coidados específicos, optouse por un sistema de monitorización que permita avalialos de modo permanente.

En concreto, este sistema recolle información sobre os parámetros fisiolóxicos dos pacientes desde as súas camas e envíaos ao control de Enfermaría para que os profesionais poidan seguir a súa evolución con fiabilidade sen desprazarse á habitación. Estes datos rexístranse, o que facilita a realización de estudos clínicos e a toma de decisións treapéuticas. Ademais, o sistema inclúe a activación de alarmas cando as constantes dun paciente varían.

PROGRAMA PILOTO

Neste contexto, púxose en marcha o programa piloto ‘Habitación Intelixente’ mediante a colocación de cámaras wifi en 12 cuartos. Este sistema precisa da colaboración dos pacientes, que deben colocarse os aparellos de medida nos intervalos de tempo acordados cos profesionais para que se remitan os resultados.

Estas iniciativas permiten reducir as visitas ás habitacións e, deste xeito, diminuír as molestias aos pacientes con COVID-19 ou sospeitosos de padecela e o risco de que contaxien aos profesionais.

Así, instálanse monitores nas cabeceiras das camas que recollen datos e envíanos mediante un cable de rede. Para iso, estes dispositivos recollen medicións de electrocardiógrafos, pulsioxímetros e tensiómetros ou telemetrías cardiolóxicas mediante un concentrador.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...