InicioSociedadeSanidade non desbota montar un hospital de campaña no Ifevi

Sanidade non desbota montar un hospital de campaña no Ifevi

Vázquez Almuiña cifra entre o 40% e o 60% as camas hospitalarias baleiras en Galicia e cre que "aínda hai marxe" na UCI, pero aposta por anticiparse ao pico de contaxios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, cifrou entre o 40% e o 60% a actual ocupación das camas dos hospitais galegos, polo que considera que “aínda hai moita marxe” para o ingreso de pacientes en planta e nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI). A pesar diso, a Xunta prepara hospitais de campaña na Coruña e en Santiago e non desbota facelo tamén en Vigo.

Nunha entrevista concedida este sábado á Radio Galega e recollida por Europa Press, o conselleiro admitiu que as previsións iniciais daban “unha maior incidencia” da COVID-19 en Galicia “a estas alturas”, xa que os cálculos realizáronse sen ter en conta o illamento social. En vista dos últimos datos, celebrou que a situación “parece que está retardada”.

Malia iso, desde esta mesma semana a Xunta prepara hospitais de campaña en Expocoruña e no Multiusos Fontes do Sar de Santiago. Preguntado sobre as informacións que apuntan a que o Ifevi de Vigo podería albergar outro destes recursos, Vázquez Almuiña respondeu: “En principio cremos que non, que non vai ser necesario porque a capacidade de Vigo é enorme”. “Pero é unha posibilidade”, recoñeceu posteriormente.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatada unha persoa tras envorcar o vehículo que conducía en Redondela

Unha persoa foi rescatada en Redondela tras sufrir un accidente no que o seu...