Home Sociedade VÍDEO | Así entra a borrasca ‘Cecilia’ por Vigo

VÍDEO | Así entra a borrasca ‘Cecilia’ por Vigo

0
VÍDEO | Así entra a borrasca ‘Cecilia’ por Vigo
Imaxe da borrasca 'Cecilia' entrado por Vigo / © Miguel Núñez.

A borrasca ‘Cecilia’ deixará choivas copiosas e xeneralizadas, vento de ata 100 km/ h e ondas de 6 metros

A borrasca ‘Cecilia’ situouse este venres preto de Galicia e entre hoxe e este sábado circulará polo Cantábrico e, ao seu caso, chegarán frontes asociadas que deixarán moita choiva e ventos “intensos”.

O portavoz da AEMET, Rubén del Campo, explicou que as choivas serán xeneralizadas, abundantes e persistentes en toda España excepto en Canarias e nalgúns puntos estarán acompañadas de tormentas. Onde máis choverá será en Galicia, na contorna do sistema Central e Pireneos, sur de Andalucía e pola tarde tamén podería haber choivas fortes.

Hai avisos activos por ventos de máis de 80 quilómetros por hora en moitos puntos, sobre todo na metade norte e no Mediterráneo andaluz, onde algúns refachos poderán superar os 100 quilómetros por hora.

En Vigo, os seus efectos xa se deixaban notar coa súa entrada, como se ve neste vídeo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here