InicioPolíticaO BNG de Vigo chama "ridículo" a Abel Caballero tras as "descualificacións"...

O BNG de Vigo chama “ridículo” a Abel Caballero tras as “descualificacións” ao desputado Néstor Rego

O nacionalista pediu no Congreso a paralización da obra do túnel da Porta do Sol.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo criticou este xoves o “desprezo” e “descualificacións” do alcalde da cidade, Abel Caballero, cara a quen non están de acordo con el, e tachou de “inaceptable” ese “talante autoritario”.

Así o trasladou a través de redes sociais o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, quen cualificou como “actuación ridícula” a rolda de prensa na que o alcalde, este xoves, criticou o deputado do BNG, Néstor Rego, por pedir no Congreso a paralización da obra do túnel da Porta do Sol.

Nesa comparecencia ante os medios, o rexedor referiuse a Néstor Rego como un “deputado pola Coruña”, “da UPG, do sector marxista leninista, que quere separar Galicia de España” e que “non se decata do que fala”.

Xabier Pérez Igrexas lembrou que ese “talante autoritario” de Caballero, “descualificando” a quen discrepan, “non é novo, pero resulta inaceptable”, e “causa pena ver este nivel de degradación”. A ese respecto, o edil do BNG engadiu que “o grave” non é só que falte “sistematicamente” ao respecto a quen opinan diferente, senón que, con actuacións como a deste xoves, “falta ao respecto á propia Alcaldía e á cidade”.

“Estou seguro de que moitas persoas que o votaron non están de acordo con ese comportamento antidemocrático e intolerante. Nin con que confunda a súa lexítima maioría absoluta cunha ditadura romana na que pode facer e desfacer sen escoitar a ninguén”, apuntou Pérez Igrexas, quen afirmou que o BNG de Vigo non entrará “nese xogo embarrado que empobrece e embrutece a política municipal”.

“Seguiremos empuxando en positivo o novo pulo que necesita Vigo, acompañando cada crítica dunha alternativa e cada denuncia dunha proposta”, resolveu o concelleiro nacionalista.

Caballero ve detrás da petición de parar o túnel de Porta do Sol a “dous señoritos do BNG” veciños da zona

ÚLTIMAS

Caballero asegura que Vigo xa abastece Baiona e advirte: “Podo cortar mañá a subministración”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que Baiona xa está a...

Vigo volve esixir á Xunta e á Deputación que paguen a terzos as rutas de Peinador

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns, por sétima vez no que...

Unha muller e un neno, trasladados ao Álvaro Cunqueiro tras un incendio nunha vivenda de Vigo

Unha muller e un neno tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras...

Vigo dá luz verde á taxa turística: de 0,80 a 2 euros, segundo o aloxamento

O pleno de Vigo aprobou este luns, cos votos favorables do goberno local socialista...