InicioSociedadeA UVigo ofrece 20.000 euros en axudas para actividades docentes que promovan...

A UVigo ofrece 20.000 euros en axudas para actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero

O profesorado interesado en impulsar os valores igualitarios na aula ten ata o 12 de febreiro para presentar a solicitude xunto coa memoria do programa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unidade de Igualdade vén de convocar as axudas de financiamento para a organización de actividades docentes que, por unha banda, promovan a perspectiva de xénero e que, por outra, estean enfocadas ao alumnado de calquera rama de coñecemento.

Esta iniciativa, que ten unha partida orzamentaria de 20.000 euros, xorde ao abeiro do II Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo do ano 2016 e ofrece un financiamento de ata 3000 euros para os gastos derivados da organización de eventos como conferencias, xornadas, obradoiros, seminarios, ligas de debate, exposicións ou representacións teatrais, que se realicen antes do 15 de novembro.

O profesorado interesado en impulsar os valores igualitarios na aula ten ata o 12 de febreiro para presentar a solicitude xunto coa memoria do programa. Calquera persoa docente ou investigadora poderá presentarse á convocatoria, sempre e cando a idea proposta estea ligada á súa práctica na aula e contemple contidos que axuden a incorporar a transversalidade de xénero na formación do alumnado. Ao mesmo tempo, as actividades deberán mellorar as competencias profesionais e persoais do estudantado coa transmisión dos valores igualitarios.

Os gastos subvencionables serán os correspondentes á posta en marcha e desenvolvemento dos programas obxecto da convocatoria, tales como desprazamentos, conferencias e traslado de obras artísticas, entre outros. No caso de conferencias, o importe máximo que se poderá aboar será de 250 euros por relatorio individual ou mesa redonda.

As axudas á realización de iniciativas educativas que promovan a igualdade, creadas no 2016, consolídanse ano a ano grazas á implicación do profesorado. Na convocatoria do 2018, a Unidade de Igualdade concedeu 17 axudas.

As propostas desenvolvéronse ao longo de todo o ano nas diferentes escolas e facultades dos tres campus e versaron sobre temas relacionados coas diferentes ramas do coñecemento. Exemplo disto son actividades como ‘Xénero, feminismo e creación visual’, unha xornada na que se abordou a produción de ideas cunha ollada transversal e multidisciplinar para amosar as problemáticas que afronta o feminismo no eido da creación visual.

Outro exemplo foi o evento que acolleu a Facultade de Dereito de Ourense sobre o acceso da muller ás novas formas de emprego xeradas no marco da economía dixital e o emprendemento feminino. Por outra banda, tamén se realizaron diferentes mesas redondas nos tres campus, unha delas versou sobre a mercantilización neoliberal do corpo das mulleres ao ser usadas como ventres de alugueiro.

ÚLTIMAS

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...