InicioPolíticaAna Pontón aplaude o "proxecto de futuro para Rendondela" do candidato Xoán...

Ana Pontón aplaude o “proxecto de futuro para Rendondela” do candidato Xoán Carlos González

González aposta por "recuperar o protagonismo" do movemento asociativo e cultural da vila, ademais de promover iniciativas de igualdade para os maiores

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou este xoves ao candidato á Alcaldía de Redondela, Xoán Carlos González, do que destacou o seu “proxecto para o futuro” e o seu labor e experiencia desde a oposición neste Concello.

Segundo subliñou Pontón, o BNG “é a única alternativa para transformar o concello de Redondela”, cun candidato disposto a “liderar ese cambio” e que plantou cara aos “abusos do PP”. Para iso, a formación nacionalista conta “con ideas e persoas” e Xoán Carlos González, incidiu, traballará para que Redondela teña espazos e servizos públicos de calidade.

A este respecto, Ana Pontón lamentou a “lexislatura perdida” e a “discriminación” sufrida por Redondela, con “falsas promesas” como a supresión da peaxe da AP-9, a ría “sen sanear”, ou “un tren que pasa por Redondela pero que non dá servizo aos seus veciños”. “Temos que pór a Galicia no mapa e acabar coa discriminación, e para iso é necesario que confiemos nas nosas propias forzas. Este é o momento do BNG, e o 26 de maio e o 28 de abril podemos cambiar as cousas”, proclamou a líder da formación nacionalista.

Pola súa banda, Xoán Carlos González apostou por “recuperar o protagonismo” do movemento asociativo e cultural de Redondela na actividade política do concello, así como mellorar as políticas de benestar “tan deterioradas polo PP”, ou pór en marcha iniciativas de igualdade e destinadas ás persoas maiores.

ÚLTIMAS

O metal asina a paz pero o comercio planta cara: folga masiva en Vigo de 10.000 traballadores

O conflito do metal na provincia de Pontevedra non está nin moito menos pechado....

Guerra política en Vigo polo ataque á flotilla internacional: o PSOE veta unha declaración do BNG con vigueses a bordo

O conflito de Oriente Medio volve sacudir a política municipal de Vigo, e faino...

Os drons da Policía Local de Vigo cazan a un furtivo reincidente con tres quilos de ameixas en Teis

A Policía Local de Vigo identificou e denunciou a un veciño da cidade de...

Un condutor resulta ferido en Vigo tras impactar co seu turismo contra un báculo de iluminación na Avenida de Beiramar

Un condutor de 48 anos de idade resultou ferido este mércores en Vigo tras...