InicioMedio Ambiente e PatrimonioDenuncian agresión dun cazador de raposos a un animalista ao que tería...

Denuncian agresión dun cazador de raposos a un animalista ao que tería apuntado cunha escopeta

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un dos participantes nas protestas organizadas nos montes de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) contra o Campionato provincial de caza de raposo desenvolvido na mañá deste sábado denunciará a un cazador que presuntamente lle propinou unha puñada na cara e, xunto á súa compañeira, apuntouno coa escopeta.

Tras acudir a Garda Civil no lugar do incidente, os afectados foron ao Hospital Povisa de Vigo para que a vítima do golpe reciba atención sanitaria e formalizar posteriormente a denuncia co parte de lesións e o material gráfico onde quedou constancia da agresión.

Estes animalistas aseguraron que acudiron á mobilización “sen actitude violenta”, portando un aparello de música. Así, mentres un deles seguía a outro cazador co que non se produciu ningún altercado, outro foi abordado polo suposto agresor, que intentou agarrarlo, golpeoulle na mandíbula e apuntoulle coa arma. Cando o seu acompañante acudiu na súa axuda, o cazador retrocedeu e apuntou a ambos os dous coa escopeta mentres lles insultaba, afirmaron.

A Asociaciación Animalista Libera ofreceu apoio e asesoramento legal aos prexudicados por este suceso. O seu portavoz, Rubén Pérez, cualificou de “positivo” que a Garda Civil actuase, identificando ao suposto autor da agresión, e atribuíu a situación aos “nervios” dos participantes na batida que, segundo avanzaba a xornada, aumentaba ante a ausencia de pezas abatidas.

Máis información, en Galicia Confidencial.

 

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...