InicioSociedadeA área viguesa volve rexistrar marcas negativas na pandemia: 600 novos casos...

A área viguesa volve rexistrar marcas negativas na pandemia: 600 novos casos nun día

Case un terzo dos máis de 17.000 contaxiados de Galicia pertencen a esta área.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os contaxios diarios de Covid-19 en Galicia non dan tregua e, nas últimas horas, marcaron unha nova marca desta sexta onda, con 1.631 casos novos diagnosticados, de maneira que o número de persoas coa enfermidade elévase a 17.227, aínda que se reduciu levemente a presión hospitalaria, con 4 persoas menos na UCI (baixan a 46) e 5 persoas menos en ‘planta’ (baixan a 228). E, outra vez, volve ser a área de Vigo a máis prexudicada.

Así se reflicte nos datos feitos públicos este mércores pola Consellería de Sanidade, con información solicitada ata as 18,00 horas do martes), nos que se recollen 1.631 contaxiados máis con respecto ao día anterior, o que supoñen 591 novos casos máis que os diagnosticados 24 horas antes.

Deste xeito, e descontando as altas epidemiolóxicas e falecementos, en Galicia hai 17.227 casos activos de Covid, 974 casos máis que o día anterior. Os novos contagios subiron en todas as áreas sanitarias, especialmente na de Vigo, onde se concentran máis dun terzo dos casos diagnosticados nas últimas horas.

CASE 600 CONTAXIADOS

Así, na área viguesa detectáronse 594 casos novos e o número de persoas coa infección activa ascende a 5.706 (424 máis).

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas reduciuse lixeiramente, ao baixar os ingresados en UCI a 46 (catro menos) e os ingresados en ‘planta’ a 228 (5 menos). Por áreas, a de Vigo segue sendo a que ten máis pacientes graves hospitalizados, con 16 enfermos en coidados críticos (3 menos), mentres que os ingresados en camas convencionais Covid son 71 (3 máis).

ÚLTIMAS

Petición de cárcere para os autores dun atraco armado a unha sucursal de Abanca

A Fiscalía pide penas de 5 anos e 4 anos e 8 meses de...

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...