InicioEconomíaStellantis pecha con Australia a compra de elementos esencias para os seus...

Stellantis pecha con Australia a compra de elementos esencias para os seus coches eléctricos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo Stellantis asinou un acordo non vinculante (memorandum de entendemento) con GME Resources Limited para a compra de sulfato de cobalto e de níquel para a utilización en baterías para vehículos electrificados, segundo informaron ambas as empresas nun comunicado.

Stellantis e GME Resources Limited indicaron que estas materias primas procederán do proxecto NiWest en Australia, no que se prevé a produción de ao redor de 90.000 toneladas anuais de sulfato de cobalto e de níquel.

Este proxecto recibiu ata a data un investimento de 30 millóns de dólares australianos (46 millóns de euros ao cambio actual) en actividades de perforación, probas metalúrxicas e estudos de desenvolvemento.

En outubro levará a cabo o estudo definitivo de viabilidade para o proxecto NiWest, que se atopa a uns 30 quilómetros da instalación de Murrin Murrin (Glencore), a maior produtora de níquel e cobalto de Australia.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...