InicioDeportes( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

PUBLICADO O

- Advertisement -

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta – FC Barcelona en Balaídos. Foi unha actuación única, creada para a ocasión, na que o músico lucense salou ao terreo de xogo para tocar o carnix evocando o espírito guerreiro dos nosos antergos celtas.

Unha ambientación musical que converteu o terreo de xogo nun auténtico campo de batalla ao que saltarán os 11 guerreiros celestes para enfrontarse ao Barcelona de HansiFlick. Natural de Sarria, Abraham confesa que a súa paixón polo Celta é froito do amor cara ao seu irmán, gran seguidor do club.

Un sentimento de herdanza que sorprendeu aos afeccionados de Balaídos cunha actuación baseada nas nosas raíces máis ancestrais. Con gran presenza e portando unicamente un carnix, instrumento de vento da Idade do Ferro, a súa melodía resoará en todo o estadio do mesmo xeito que os celtas o tocaban no campo de batalla para intimidar ao inimigo.

Abraham Cupeiro é un artista único, capaz de sorprender a todo o público co seu característico estilo musical recuperando sons do pasado. Á súa vez, constrúe os seus propios instrumentos o que imprime aínda máis peculiaridade ás súas actuacións, Acaba de participar en bandas sonoras de diferentes películas de Hollywood, a máis recente Gladiator II, de Ridley Scott, onde incorpora os sons do carnix, do Cornu ou do aulós grego.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...