InicioEconomíaManuel Rodríguez, presidente de Rodman, proclamado único candidato a presidir o Círculo...

Manuel Rodríguez, presidente de Rodman, proclamado único candidato a presidir o Círculo de Empresarios de Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do grupo Rodman de construción naval, Manuel Rodríguez, foi proclamado este mércores de forma automática como único candidato á presidencia do Círculo de Empresarios de Galicia, ao ser o único aspirante que se presentou no prazo establecido neste trámite.

O proceso electoral para renovar a dirección desta organización empresarial (tras expirar o mandato de tres anos do equipo de Patricia García) comezou a finais de agosto coa apertura do prazo de presentación de candidaturas.

O próximo 29 de setembro, no transcurso dunha asemblea xeral extraordinaria de socios, procederase á votación na sede social do Círculo, na rúa García Barbón de Vigo.

A candidatura de Manuel Rodríguez complétase con Josefina Fernández Miguélez, conselleira delegada de Domusvi (vicepresidenta primeira); Víctor del Canto Rodríguez, presidente de Civis Global (vicepresidente segundo); Alberto Rocha Guisande, avogado (secretario); Enrique González González, auditor (tesoureiro); e os vogais Emilio Pérez Neto, presidente do Grupo Pérez Rumbao; Patricia García González, presidenta institucional do Grupo Femxa; María Borrás Borreguero, directora de Artai S.L.; Salvador Fernández-Alvariño, director de Alvariño Ferro Gestión; Marián Mouriño Terrazo, conselleira delegada de Corporativo Ges; Luís Beraza de Diego, director xeral de negocio de Abanca; Enrique García Chillón, presidente de Profand S.L.; Juan Güell Cancela, presidente de Dosvalor; e Emilio Rial Pais, director do Grupo Coren.

ÚLTIMAS

En paradero descoñecido dous activistas vigueses a bordo da flotilla a Gaza, logo de seren abordados polo exército de Israel preto de Creta

O que debía ser unha misión humanitaria de solidariedade co pobo palestino converteuse nunha...

Stellantis cae un 7% en Bolsa a pesar de anunciar beneficio neto de 377 millóns

Stellantis iniciou a sesión bursátil deste xoves en París cunha caída do 7,44%, ata...

Identificado o cadáver achado nunha casa okupada de Vigo: era un home de 33 anos

A Policía Nacional identificou o cadáver achado na tarde deste pasado mércores nunha casa...

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...