A electrificación da ‘Liña do Minho’, que une as localidades do norte portugués Viana do Castelo e Valença, permite reducir a duración do traxecto entre Vigo e O Porto, pois a viaxe entre Valença e a cidade do Douro acúrtase 15 minutos.
A inauguración da actuación tivo lugar este luns na estacion ferroviaria de Valença nun acto ao que asistiu o primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa, e o ministro de Infraestruturas, Pedro Nuno Santos. A actuación supuxo un desembolso de máis de 19 millóns de euros para electrificar os 49 quilómetros que unen Viana do Castelo e Valença, na fronteira con Galicia.
Segundo destaca nun comunicado Eixo Atlántico, coa finalización desta obra, que se suma ás realizadas no tramo entre Nime e Viana, toda a ‘Liña do Minho’ queda dotada do sistema de tracción eléctrica desde O Porto a Valença.
AECT RÍO MINHO
Pola súa banda, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño lamentou que a visita do primeiro ministro portugués á Raia non servise para que Costa anunciase a apertura da fronteira “nin as necesarias compensacións polo dano económico que está a causar o peche ás persoas traballadoras e ás empresas dun e outro lado”.O tr