InicioEconomíaXunta e patronal do Metal abordan liñas de cooperación para impulsar a...

Xunta e patronal do Metal abordan liñas de cooperación para impulsar a formación e o emprego no sector

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro coa Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas (Asime) para abordar novas liñas de cooperación co fin de impulsar a formación e o emprego no sector do Metal.

Segundo informou a Xunta a través dun comunicado, esta reunión enmárcase dentro dos encontros que a conselleira está a manter cos principais axentes sociais e económicos de Galicia. Así, lembraron desde o goberno galego, o sector metalúrxico representa máis do 20 por cento do PIB de Galicia e emprega a máis de 67.000 persoas.

Lorenzana lembrou que a Xunta puxo en marcha un plan específico de formación para o sector naval que, entre 2017 e 2019, permitiu a realización de 416 cursos, cun investimento de máis de 17 millóns de euros, nos que se formaron máis e 5.000 profesionais.

Pola súa banda, Asime presentou á conselleira as liñas de traballo desta organización e abordáronse aspectos relacionados coa negociación colectiva, a seguridade e saúde laboral. Segundo apuntou a patronal do Metal, o seu Servizo de Prevención Mancomunidao aglutina a máis dun centenar de empresas e colabora estreitamente co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).

ÚLTIMAS

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...