InicioCultura(Vídeo) Delgado Gurriarán xa ten versión heavy metal da man dos vigueses...

(Vídeo) Delgado Gurriarán xa ten versión heavy metal da man dos vigueses Dioivo

O dúo puxo música ao poema do homenaxeado neste 17 de maio "Hai Sede na Nova Galicia", incluído no seu célebre poemario de 1963 Galicia Infinda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A banda viguesa de metal Dioivo vén de sacar unha nova canción titulada “Hai Sede na Nova Galicia”, na que poñen música ao poema homónimo do homenaxeado no día das Letras Galegas 2022 Florencio Delgado Gurriarán.

Este poema describe a saudade que o escritor valdeorrés sentía pola súa terra mentres estaba exiliado en México logo da Guerra Civil, e pertence a unha das súas principais obras, Galicia Infinda, editada por Galaxia en 1963. Para completar a homenaxe, o grupo acompañou a canción dun videoclip realizado por YOD Multimedia que xa pode verse na súa canle de Youtube.

Esta non é a primeira vez que Dioivo emprega a literatura galega na súa música, xa que o ano pasado conmemoraron o 50 aniversario da mítica novela Retorno a Tagen Ata cunha adaptación musical na que contaron con narracións do propio autor, Xosé Luís Méndez Ferrín. De feito, o grupo naceu poñendo música a Rosalía de Castro e o seu poema “Sempre pola Morte Esperas” para participar nun concurso organizado polo Concello de Vigo en febreiro de 2016.

Nesta ocasión optaron por homenaxear o autor elixido para o Día das Letras deste ano, que destacou polo seu fondo compromiso antifascista e co pobo galego.

O dúo vigués gravou este tema no estudio de DS Audio con Dany Soengas, coñecido músico de bandas viguesas como Atreides, Skydancer ou Lardelúa. Ademais, segundo explica Dioivo, son xa varios os concertos programados nos que poderán presentalo en directo. Os primeiros deles serán no Buril de Sarria xunto a Cruzeiro, Corteza Inhumana e Totengott o 13 de maio, e seguirán no Pub Transylvania de Vigo xunto a Bloodhunter o 10 de xuño.

A canción, polo momento só dispoñible en Youtube, estará axiña tamén no resto de plataformas dixitais, e supón un adianto do novo disco dos vigueses, que xa teñen un álbum e dous EP publicados.

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...