InicioCulturaLiteratura e música para celebrar o Día do Libro en Vigo

Literatura e música para celebrar o Día do Libro en Vigo

A Deputación de Pontevedra celebrará o 23 de abril un evento para presentar o libro 'Tes cinco minutos #2', que contará coa participación de sete mulleres referentes do deporte provincial e coa actuación da cantautora Leticia Rey.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O próximo 23 de abril, a Deputación de Pontevedra celebrará na súa sede en Vigo un acto conmemorativo polo Día do Libro. O evento terá o foco na presentación do libro da Escola de Letras ‘Tes cinco minutos #2’, ademais de contar coa participación de sete mulleres referentes do deporte provincial e coa actuación da cantautora Leticia Rey.

Publicado pola única Escola de Letras de Galicia, o libro ‘Tes cinco minutos #2’ recolle o traballo das 27 persoas que participaron na II Edición da escola, impulsada pola Editorial Galaxia. Esta iniciativa cultural, liderada polo director da editorial galega, Francisco Castro, relata as experiencias de docentes na primeira institución educativa deste tipo en Galicia.

Por outra banda, levará a cabo a emisión dun audiovisual de mulleres do deporte pontevedrés que len fragmentos dos seus libros favoritos. Son a esgrimista Judith Rodríguez, a futbolista Paula Dapena, a atleta Susana Rodríguez, a árbitra de fútbol Elena Casal, a adestradora de balonmán Irene Vilaboa, a presidenta da Federación Galega de Atletismo Charo Castro, e a piragüista Támara Echegoyen.

Ademais, as persoas que asistan ao acto poderán gozar da cantautora Leticia Rey, que interpretará temas de composición propia como ‘Baleiro’, e versións de cancións como ‘Setestrelo’, de Berrogüeto, e a canción popular’ Alalá das Mariñas’.

O evento celebrarase na Sala Rosalía da institución provincial en Vigo este sábado ás 12,00 horas. As inscricións están xa abertas ao público, que deben anotarse a través do correo electrónico participa.cultura@gmail.com.

A sede da Deputación en Vigo tamén albergará a mostra didáctica ‘Contos e países. Historias que viaxan’, unha exposición comisariada pola autora de relatos xuvenís Silvia García na que se realiza un percorrido pola literatura infantil e que estará dispoñible ata o 15 de xuño deste ano.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...