InicioCulturaVigo lembra a Xela Arias cunha placa na casa familiar da poeta

Vigo lembra a Xela Arias cunha placa na casa familiar da poeta

Recoñecemento á homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número 39 da rúa Zamora de Vigo loce, desde este venres, unha placa na que se lembra que a poeta Xela Arias viviu “coa súa familia” nese edificio da cidade, e que foi descuberta nun acto presidido polo alcalde da cidade, Abel Caballero, xunto a familiares de Arias, a presidenta da Deputación, Carmela Silva e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes.

O rexedor subliñou que a poesía de Xela, que faleceu en Vigo en 2003, e os seus sentimentos “están enraizados na rebeldía creativa de Vigo”, e destacou o carácter rupturista dun poeta que foi capaz de trazar unha creación diferente, desde a renovación.

Caballero agradeceu á RAG a designación de Xela Arias como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2021, pola “valentía de romper con pautas culturais do pasado e buscar a unha artista nova, que nos deixou moi pronto”.

No acto celebrado este venres, o alcalde tamén incidiu en que a homenaxe á poeta nada en Sarria “vai permanecer activo e vivo todo o ano, con continuas actividade para que todo 2021 sexa o ano de Xela”.

Pola súa banda, Víctor Freixanes mostrou a súa satisfacción pola extraordinaria acollida e participación social que este ano están a ter as actividades organizadas en torno ao Día das Letras Galegas, e puxo en valor a “empatía” de Xela Arias coas novas xeracións e novas sensibilidades, partindo da eclosión cultural que foi a chamada ‘movida viguesa’.

En nome da familia de Xela, o seu irmán Xoán recoñeceu ao Concello e á Academia a súa implicación nesta homenaxe, e trasladou o agradecemento “especial” da súa nai pola colocación da placa.

ÚLTIMAS

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...

O Porriño convidará ao Papa León XIV a visitar a localidade e valora nomealo fillo ilustre

O Concello do Porriño iniciou os trámites institucionais para convidar ao Papa León XIV...