InicioCulturaCaballero: "O Marisquiño segue en Vigo tres anos e será súa cidade...

Caballero: “O Marisquiño segue en Vigo tres anos e será súa cidade forever and ever”

Di que a súa aspiración é converter a Vigo "en capital europea da cultura urbana"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ratificou este martes, tras unha reunión con representantes de Factor Ulises, empresa organizadora do festival de cultura urbana ‘O Marisquiño’, que a conversación focalizouse na intención de seguir traballando xuntos “o próximos tres anos”.

Nun audio difundido aos medios, o rexedor incide en que, tras a concesión, por parte da Unión Ciclista Internacional, da categoría C1 do circuíto internacional da Copa do Mundo de BMX Freestyle á proba de Vigo, O Marisquiño pasa a estar entre os poucos eventos internacionais con catro Copas do Mundo (skate, BMX, básquet 3×3, e break dance, que pasará a ser olímpico en 2024).

Ademais, ratificou que se vai a facer o descenso urbano porque o festival é “inimaxinable” sen esta proba, aínda que de momento programarase sen público á espera de como evolucione a pandemia.

Así as cousas, Caballero repasou novas infraestruturas previstas para a cidade e reafirmouse en que a súa aspiración é convertela “en capital europea da cultura urbana e dos deportes de acción”.

Finalmente, recalcou que esta edición de 2021 será “excepcional”, á vez que augurou que O Marisquiño de 2022 será “superlativo”. De feito, aínda que concretou a colaboración durante o próximos tres anos, concluíu que Vigo será “forever and ever”, “para sempre” ou “de forma permanente” a cidade de O Marisquiño.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...