InicioCulturaUnha visita aos 'Humanos' de Susana Álvarez

Unha visita aos ‘Humanos’ de Susana Álvarez

PUBLICADO O

- Advertisement -

A galería Apo’strophe.arte acolle no seu Espazo Anexo unha exposición da fotógrafa bilbaína afincada en Vigo Susana Álvarez titulada ‘Humanos’.

“Quen non tivo algunha vez a sensación de que todo o que lle rodea está como noutra atmosfera? Con esta sensación, como nun soño lúcido, imaxino imaxes coas que reflexiono sobre o tempo, o control no que nos vemos mergullados, a existencia e as nosas crenzas, como algo efémero, incontrolable e fóra de lugar”, reflexiona a artista.

Sobre o seu proceso creativo, conta que utiliza elementos simbólicos para recrear unha idea. “E esta queda aberta á libre interpretación do espectador. As miñas imaxes axúdanme a organizar a miña mente para entender unha realidade creada nelas e que busca que o que a observe, entre nun soño de ilusión. Porque talvez o ceo non sexa azul”.

A exposición está aberta ao público en horario de 10.00 a 22.00 horas, de luns a domingo, na sala que está no Centro Comercial Praza Elíptica.

ÚLTIMAS

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...

Buscan a unha muller de 53 anos desaparecida en Vigo desde o pasado martes

A asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición, en Vigo, de María Milagres...