InicioCulturaUn mural símbolo da "esperanza e futuro" será tapado por un edificio...

Un mural símbolo da “esperanza e futuro” será tapado por un edificio do dono de Barreras

É obra da recoñecida muralista Lula Goce que denuncia que a súa obra será tapada con "formigón e granito". A obra ten un carácter reivindicativo en defensa do medioambiente. Os veciños indigandos con esta decisión, denuncian "a falta de zonas verdes".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa García Costas S.L.U, propiedade de José García Costas, o presidente de Barreras –astaleiro con graves problemas financeiros– construirá un edificio pegado ao do mural realizado pola artista Lula Goce fai algo máis de 3 anos, na curva de San Gregorio, en Vigo. O novo edificio, tapará a obra de arte, financiada polo propio Concello de Vigo, que se fixo no seu día a modo de protesta e “esperanza” polo futuro da zona en cuestión. 

Terreos diante do mural  da artista internacional Lula Goce / © Miguel Núñez.
Terreos diante do mural da artista internacional Lula Goce / © Miguel Núñez.

O mural está entre zonas industrial e os astaleiros da cidade, onde escasean as zonas verdes. Desde a asociación veciñal da curva de San Gregorio, a súa presidenta, Chus Domínguez, explica que “presentamos un proxecto no Concello para a creación dunha zona verde con parques para os nenos ao que non lle fixeron caso”. Aseguran desde a asociación que “o Concello asegurour a Lula a perduración do mural por máis anos”. Ademais, manifestan “o  afecto, apoio e solidariedade coa artista” e destacan “a magnífica expresión artística desta obra de arte representa a carencia de parques públicos e zonas verdes no noso barrio”. 

Por outra banda, Consuelo, veciña do barrio, mostra a “súa profunda tristeza” polo que sucederá na zona, xa que”toda a veciñanza valora poder ver o mar tódolos días”.“Hai claros intereses económicos detrás da obra, que teñen máis poder que a vontade dos veciños” declarou desta vez Pilar González, outra veciña da zona e, ademais, conclúe sinalando que “este é o único punto do barrio con vistas á ría”.

Terreos diante do mural da artista internacional Lula Goce / © Miguel Núñez.

“FORMIGÓN e GRANITO”

No seu día o mural fíxose xuntando as ideas de protesta dos veciños coas capacidades artísticas da baionense. A propia artista -que acaba de realizar un mural na cidade de Nova Iorque- expresou as súas redes sociais a súa “pena porque –a obra– se tape con formigón e granito“. 


Ademais, manifestou a súa frustración “por todos os veciños que puxeron a súa esperanza nunha zona verde para eles e os seus fillos”. “Precisamos o planeta, as árbores, o mar e os animais que o habitan. Precisamos a natureza, somos parte dela e se non a coidamos, estámonos a descoidar a nós mesmos” concluíu a muralista.

O PRESIDENTE DE BARRERAS

José García Costa, presidente de Barreiras, é o dono da inmobiliaria que realizará a obra. Este empresario, a pesar dos problemas do astaleiro vigués, segue facendo negocios na cidade e sumando sociedades ao seu conglomerado empresarial.

Ademais de Barreras, e García Costa SLU, tamén impulsou Emenasa Industria e Automatismos, unha firma de enxeñaría e electrónica que administra xunto a Fernando Pérez Costas. Tamén administra Emenasa Montages Navales, Francisco Cardama SA, Baliño e a matriz que as controla a todas, Electrómecánica Naval e Indutrial, a Emenasa orixinal da que seguen brotando filiais.

ÚLTIMAS

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...