InicioDeportesCoñece a carreira que une Ponteareas con Salvaterra e pon en valor...

Coñece a carreira que une Ponteareas con Salvaterra e pon en valor a natureza, o patrimonio, a cooperación…

Ponteareas e Salvaterra presentan a III edición da carreira Ribeira do Tea

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Club Camiñantes do Condado rinde homenaxe ao río Tea e ao Miño coa III edición da carreira Ribeira do Tea, que une os concellos de Ponteareas e Salvaterra. Nesta proba deportiva, a categoría absoluta percorrerá dezaséis quilómetros, e os xuvenís e infantís dous quilómetros.

A Tenente de Alcalde de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o Concelleiro de Deportes de Ponteareas, Benito Márquez, presentaron esta nova edición xunto aos organizadores nos xardíns do concello de Ponteareas, convidando a toda a veciñanza a participar nesta proba que terá lugar o vindeiro domingo día 29 de xullo a partir das dez da mañá.

A inscrición poderá realizarse na páxina web www.championchipnorte.com ou na do club www.caminhantesdocondado.es. O Club de montaña Camiñantes do Condado sorteará agasallos entre os participantes e entregará trofeos en todas as categorías.

O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, quixo recalcar “a importancia deste tipo de probas, que unen concellos e fomentan a cooperación entre veciños” e tamén felicitou aos organizadores “por todo o traballo que fan a diario e que se ve reflectido en tódalas probas que organizan, pola súa profesionalidade e polo seu bo facer”.

“fermosas vistas e percorrido cambiante”

A 1ª Tenente de Alcalde de Salvaterra de Miño resaltou a gran importancia deste tipo de eventos deportivos, que por un lado fomentan un estilo de vida saudable a través do deporte e por outro poñen en valor o noso entorno natural e patrimonial, neste caso o Recinto Amurallado de Salvaterra e a senda do Río Tea, “e que por outra banda son un exemplo claro de cooperación e colaboración entre institucións e as propias asociacións”.

Ademais, resaltou o gran traballo e bo facer do Club Camiñantes do Condado, que está conseguindo que ano a ano esta proba deportiva se consolide. Na súa páxina web, os integrantes deste equipo salientaron da proba “as fermosas vistas e o seu percorrido cambiante, de 8 metros de ancho a sendeiros de metro e medio”.

“Queremos que cos anos esta carreira sexa una das citas obrigadas do calendario e que dea a coñecer os dous concellos que percorremos, dos cales agradecemos a súa colaboración dentro das súas posibilidades”, concluíron.

ÚLTIMAS

O padroado do Ifevi aproba o prego para deseñar o seu futuro plan estratéxico

O padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) aprobou este xoves por unanimidade, nunha...

Protesta pola sanción a unha traballadora que alertou dunha mala praxe nunha escola infantil

Decenas de persoas concentráronse na mañá deste xoves en Vigo tras a sanción a...

Médicos e enfermeiras alertan do colapso da Atención Primaria en Vigo: “As listas de agarda chegan aos 15 días, diga o que diga a...

Traballadores de Atención Primaria concentráronse este xoves ante o centro da saúde da rúa...

Rodman construirá tres novas patrulleiras para a Armada por 10,4 millóns

A Dirección de Xestión Económica da Xefatura de Apoio Loxístico da Armada do Ministerio...