InicioSucesosRatifican a condena de 11 anos de cárcere para un home que...

Ratifican a condena de 11 anos de cárcere para un home que violou á súa veciña en Tomiño

"Con estas probas periciais, difícil é concluír outra cousa que non sexa a autoría dos feitos por parte do procesado", sinala o TSXG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de 11 anos de cárcere que a Audiencia Provincial de Pontevedra impúxolle a un home por agredir sexualmente á súa veciña, á que enganou facéndose pasar por unha muller para que lle abrise a porta.

Por estes feitos ocorridos en setembro de 2018 en Tomiño  e que foron xulgados en maio de 2021 na sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os maxistrados condenárono como autor dun delito de violación de morada, en concurso cun delito de agresión sexual na modalidade de violación e outro de lesións.

Nunha sentenza con data do 29 de setembro e da que o TSXG informou este martes, o alto tribunal considera probado, do mesmo xeito que a Audiencia, que cando a vítima se decatou do engano tentou pechar a porta, pero o acusado, que levaba a cabeza cuberta por unha carapucha, a cara tapada e luvas, abalanzouse sobre ela e agarrouna con forza polos brazos. Despois, agrediuna sexualmente e golpeoulle a cabeza contra o chan.

A Sala do Civil e Penal destaca que a prexudicada “non foi quen identificou ao procesado, pois foi constante nas súas declaracións no sentido de que, en todo momento, mentres durou o ataque, mantivo o seu rostro cuberto, impedíndolle a identificación“.

“O único que puido constatar é que se trataba dunha persoa cunha determinada altura e complexión e expresou, na súa denuncia, meras sospeitas de quen podería ser o atacante. Sería a partir da proba de ADN cando esas sospeitas se mudaron en algo máis, pois se achou material xenético da persoa sospeitosa na casa, corpo e pezas da vítima“, explican os xuíces do TSXG, quen subliñan que a Audiencia “razoa suficientemente que non aprecia elementos indicativos de animadversión cara ao procesado, polo que valora o seu testemuño como crible”.

Ademais, os maxistrados destacan que se achou ADN do procesado “non só na vivenda (á que nunca antes accedería, segundo explicou a vítima), senón tamén no pixama que a muller levaba posto durante a agresión e, o que é aínda máis revelador, baixo as uñas da vítima” que tratou de quitar de maneira contumaz a carapucha que ocultaba o rostro do agresor sen conseguilo”.

“Con estas probas periciais, difícil é concluír outra cousa que non sexa a autoría dos feitos por parte do procesado”, sinala o TSXG.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...