InicioMedio Ambiente e PatrimonioPlaneta só hai un: A Guarda aposta pola economía circular con novos...

Planeta só hai un: A Guarda aposta pola economía circular con novos contedores para a roupa usada

PUBLICADO O

- Advertisement -

O servizo de recollida selectiva de roupa e téxtiles usados comezou fai uns días na Guarda coa instalación de 5 contedores en varias rúas do municipio. Esta medida se tomou dende a Concellería de Medio Ambiente ante o elevado número de quilos recollidos no punto limpo da Guarda deste tipo de materiais, o que motivou a facilitar aos veciños e veciñas desfacerse da roupa e téxtiles usados para a súa posterior reciclaxe.

Neste senso instaláronse 5 contedores, emprazados no aparcamento da Rúa Malteses do Porto da Guarda(O Rejiño), na Rúa Donantes de Sangue, na Rúa Puerto Rico, na Rúa Manuel Álvarez e na Rúa Julia Vaquero.

O Concello da Guarda considera que coa instalación destes contedores mellorará este servizo, facilitando a reciclaxe destes materiais, tendo unha previsión de aumentar o número deste tipo de contedores a máis parroquias da vila proximamente, dentro da folla de ruta da Estratexia Europea 2020 e nas medidas recollidas no paquete de economía circular.

Estes contedores están pensados para depositar roupa e téxtiles usados, así coma tamén zapatos, un servizo de recollida selectiva realizado pola empresa TEXLIMCA S.A., encargada da recuperación e reciclaxe deste tipo de materiais.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda continúa deste xeito coa mellora das taxas de reciclaxe, contando ademais cun dos puntos limpos de referencia a nivel autonómico. O Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos, accións que van en consonancia co PEMAR, Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

A viguesa Dani Dicostas leva o pop galego ao Benidorm Fest 2027 como única candidata de Galicia

RTVE anunciou os 18 artistas que competirán pola Sirenita de Ouro na sexta edición...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...