InicioSociedadeActividades de turismo e deporte en Tomiño: con Vontade, pódese incluír en...

Actividades de turismo e deporte en Tomiño: con Vontade, pódese incluír en vez de excluír

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño organiza, durante o mes de xullo, actividades de turismo e deporte inclusivo. O pantalán adaptado de Goián, no Espazo Fortaleza, será o punto de partida das xornadas náuticas compartidas por Cerveira e Tomiño.

Na mañá deste martes foi presentada ao público a actividade, nun acto que tivo lugar no pantalán adaptado de Goián. Presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o acto foi o punto de partida dunha serie de rutas turísticas e deportivas que teñen coma obxectivo amosar o patrimonio do río Miño e as súas áreas de influencia.

Actividades náuticas Vontade / Concello de Tomiño

Representantes da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e da asociación Vontade participaron tamén no acto celebrado a carón da praia fluvial de Goián. Segundo informaron os organizadores da actividade, haberá tres modalidades de participación:

– DEPORTE TURISMO INCLUSIVO para amosar o patrimonio cultural e fluvial do río Miño.

– ORIENTACIÓN INCLUSIVA, destinada a probar a capacidade de coordinación e traballo en equipo das persoas participantes.

– PROBA DE SLALOM, realizando por equipos un percorrido trazado, nun tempo determinado, con diferentes probas de dificultade.

Actividades náuticas Vontade / Concello de Tomiño

O proxecto Deporte Náutico inclusivo foi presentado conxuntamente no OPT 2018 por Vontade e máis a Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira, e terá continuidade no outono coa divulgación do deporte do remo entre escolares de 8 a 18 anos de ambos os dous concellos.

O Orzamento participativo transfronteirizo forma parte da Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE. Para informarse e inscribirse, o teléfono é 00 34 986 62 30 44.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...