InicioSociedadeTui e Valença comparten música e gastronomía para lembrar o seu pasado...

Tui e Valença comparten música e gastronomía para lembrar o seu pasado xudeu

As celebracións terán lugar entre o sábado 5 e o venres 18.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Días de celebración a ambos lados da ‘raia’. Esta mañá a Sala de Concelleiros da Casa do Concello de Tui acolleu a presentación das “Rutas Sefardís”, un programa de actividades para conmemorar o patrimonio histórico xudeu da zona que levará a festa a Tui e Valença entre os días 5 e 18 de setembro.

A novidade das celebracións deste ano reside en que, por primeira vez “haberá eventos no que participen dous Concellos de dous países distintos”, tal e como destacou o concelleiro de Turismo e Patrimonio da vila galega, Laureano Alonso. As Rutas Sefardís por Tui e Valença arrancarán este sábado ás 12:30 h dende o Museo Diocesano de Tui dando comezo a case dúas semanas de festexos cargados de gastronomía, música e cultura común.

Así é que a cociña xudía tamén estará representada nestas xornadas. Será coas rutas Gastronómicas Sefardís. Poderase degustar o bacallau, alimento moi apreciado na cociña sefardí e que ten gran presenza actualmente tanto na cociña portuguesa coma galega. Participarán un total de 21 restaurantes de Tui e 9 de Valença.

A música tamén contará co seu lugar, xa que, ademais destas rutas e visitas, están programados dous concertos de música sefardí a cargo de Carmen Penín e Maurizio Polsinelli. Un deles será en Tui o sábado 5 de setembro no conxunto histórico da cidade e o outro na Fortaleza de Valença. No tocante a estes eventos, o concello galego destaca a limitación do aforo “ata completar prazas”, co fin de cumprir coas medidas e protocolos COVID-19.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...