InicioSociedadeO Sergas aproba uns servizos mínimos do 50% para a folga do...

O Sergas aproba uns servizos mínimos do 50% para a folga do persoal de mantemento do Chuvi

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres os servizos mínimos establecidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a folga indefinida convocada polo persoal da empresa que realiza o mantemento no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Tal como indica a Consellería de Sanidade, ante a necesidade de garantir a presenza dun mínimo de persoal que poida atender de forma permanente a actividade imprescindible, establecéronse uns servizos mínimos do 50% dos efectivos habituais por cada quenda e categoría, salvo na área de mantemento xeral que, por dar soporte ao resto de áreas do servizo, pode ampliarse ata o 60%.

A folga indefinida afecta a todos os traballadores da empresa Veolia Servicios Norte, que realizan o mantemento integral do Chuvi. Para establecer os servizos mínimos tivéronse en conta diferentes factores para a cobertura da seguridade en relación co medio sanitario, como o risco para os pacientes, os usuarios e os traballadores, a afectación á actividade asistencial e o volume de persoas atendidas.

“De acordo coa motivación anterior, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter unha adecuada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía”, destaca a Consellería na resolución.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia que a Xunta non dá “nin un céntimo” para a reforma de Balaídos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que o vindeiro luns comezarán a desmontarse...

O PP vigués aposta pola integración e mantén a moitos cargos da época de Fernández-Tapias

A (única) candidata a presidir o PP de Vigo, Luisa Sánchez, apostou pola integración e...

Estancado o concerto do Sergas con Povisa para a atención sanitaria na área de Vigo

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, non confirmou se se aumentará a contía destinada...

Estas son as novas tarifas do Vitrasa: billete ordinario a 1,63 euros e bonificado a 0,56

As novas tarifas do bus urbano de Vigo, servizo que presta a concesionaria Vitrasa, entrarán...