As tormentas, os tronos, a chuvia e a baixada de temperaturas son unha realidade estes días na nosa cidade. Miles de vigueses agardan que aínda resten días de Sol para desfrutar nas nosas praias. Mais este martes só os máis valentes se achegaron a elas. E á unha do mediodía caeu unha boa.
A previsión para este mércores é que persistan as chuvias e se manteñan as temperaturas. En teoría, a partir do xoves os ceos abrirán de novo, se cadra nunha das últimas oportunidades do ano de toma-lo Sol en Samil.