A Feira do Libro, que se celebra anualmente en distintas localidades galegas, atópase estes días en Vigo, onde rematará o 6 de xullo, na rúa do Príncipe. Por aquí xa pasaron autores como Mónica Penas, María Solar, Luís Dávila, Manuel Rivas, Manuel Esteban ou Iolanda Zúñiga, entre outros.