Nesta singular fotografía, Miguel Núñez xoga cos reflexos da luz e mostra unha Rúa do Príncipe descoñecida: só un escaparate, persoas reais e unha ventá son quen de escapar da escuridade que o inunda todo.
Semella un collage, sen selo, posto que os diversos elementos foron captados á unha pola cámara.