InicioSucesosOs bombeiros sufocan un incendio nun barco do estaleiro Cardama de Vigo

Os bombeiros sufocan un incendio nun barco do estaleiro Cardama de Vigo

A causa do incendio foi un curtocircuíto nunha secadora da área de lavado e secado da embarcación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vigo tiveron que intervir esta madrugada para sufocar un incendio “importante” declarado no interior dun barco de grandes dimensións situado no estaleiro Cardama, situado na Avenida Beiramar, en Vigo.

Segundo confirmaron fontes dos Bombeiros, a causa do incendio foi un curtocircuíto nunha secadora da área de lavado e secado da embarcación, que calcinou toda a zona e afectou a uns cuantos camarotes.

O incendio produciuse pasadas as once da noite, momento en que varios veciños da zona advertiron o 112 Galicia do suceso. Os bombeiros, que desprazaron catro camións ata o lugar do sinistro, dous do parque de Teis e outros dous do de Balaídos, dérono por extinguido ás 2.30 horas.

Segundo o 112, ademais dos Bombeiros de Vigo, solicitouse a intervención da Policía Nacional e Local e da Garda Civil; ademais, informouse do lume a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

O barco atópase agora mesmo en reparación e, a pesar da importancia do incendio, non sufriu maiores danos. EFE

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...