InicioDeportes30 cans perden o medo á auga e completan unha travesía na...

30 cans perden o medo á auga e completan unha travesía na dársena do Náutico

O Real Club Náutico, Yaracan e Candatí prepararon unha Xornada Solidaria Canina que discurriu en harmonía este sábado nas instalacións portuarias de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este sábado 1 de setembro celebrouse nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo unha xornada solidaria dedicada aos nosos grandes amigos de catro patas, os cans, que realizaron todo tipo de “Xogos Náuticos” para o seu divertimento e os de seus donos.

Introduciuse a cachorros e adultos na auga por primeira vez. Outros, se cadra máis expertos neste líquido elemento, practicaron a súa propiocepción e completaron circuítos e distintos xogos. Tamén impartiuse unha charla.

Xornada solidaria canina/ Cedida

A xornada, salientan desde a organización, “transcorreu na máis absoluta harmonía con 30 cans e os seus donos gozando dun día de sol na auga”.

Xornada solidaria canina/ Cedida

Primeiro traballouse o equilibrio en superficies móbiles, e logo demostraron o aprendido subidos a kayacks, optimist, táboas de paddle e surf, body boards e “a estrela do evento”, unha big sup onde puidemos ver subidos a mais de 5 cans e os seus donos.

Xornada solidaria canina/ Cedida

Todos se animaron e acabaron facendo travesías coas diferentes embarcacións pola dársena do Náutico, acompañados en todo momento dunha neumática.

Xornada solidaria canina/ Cedida

As responsables do evento e de dar as pautas foron as técnicos de Yaracan, expertos en terapias asistidas con animais, e Candatí, encargados do adestramento canino.

Xornada solidaria canina/ Cedida

Os organizadores agradecen ao Real club Náutico de Vigo, polo seu apoio, aos participantes, que o fixeron posible, e ás empresas colaboradoras que aportaron premios e material.

Xornada solidaria canina/ Cedida

ÚLTIMAS

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...