InicioSociedadeUn equipo de 40 alumnos da UVigo será apoiado no desenvolvemento dun...

Un equipo de 40 alumnos da UVigo será apoiado no desenvolvemento dun proxecto pola Axencia Espacial Europea

A misión BIXO da UVigo SpaceLab é un dos seis proxectos seleccionados para participar no programa Fly Your Satellite! Design Booster Pilot.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A misión BIXO da UVigo SpaceLab é un dos seis proxectos seleccionados para participar no programa Fly Your Satellite! Design Booster Pilot da Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés), o que supón que este equipo, composto por case 40 estudantes de diferentes titulacións da Universidade de Vigo, contará co apoio de especialistas de máximo nivel durante o desenvolvemento desta iniciativa.

Dita misión, que pretende pór en órbita o satélite máis pequeno con cargas biolóxicas, será supervisada pola ESA, que se “implicará de cheo” no peche do deseño e as probas, segundo indicou o coordinador do proxecto, Manuel Diz.

Precisamente Diz mostrouse “tremendamente satisfeito” con este novo éxito para o equipo, que se suma a outros logros recentes como o feito de ser seleccionados pola Academia chinesa de tecnoloxía de vehículos de lanzamento para ser enviado ao espazo en 2024.

Segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), competían con outros 11 equipos de estudantes de diferentes universidades europeas, dos que seis pasaron a criba.

O programa ten unha duración dun ano e durante ese tempo a ESA acompañará aos integrantes de UVigo SpaceLab no desenvolvemento da misión.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...