InicioPolíticaEn Marea pedirá o cese de López Veiga por "culpabilizar" a organización...

En Marea pedirá o cese de López Veiga por “culpabilizar” a organización do Marisquiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo acusa a Concello de Vigo e a Autoridade Portuaria de realizar unha “manobra evasiva” para “evitar asumir responsabilidades”. Ademais, critican que en lugar de “ter ofrecido de maneira responsable” a información relacionada, a aportaran “moitos días máis tarde, a base de reiteradas peticións”.

Na rolda de prensa ofrecida este venres por parte de Rubén Pérez e Xosé Lois Jácome, Marea de Vigo fixo unha valoración sobre o que consideran se pode dilucidar da documentación finalmente aportada por parte do goberno local.

Afirmaron que “segundo a información que se nos trasladou, en concreto o Plan de Autoprotección, consideramos totalmente fóra de lugar e errado depositar a responsabilidade do accidente de O Marisquiño sobre a propia organización do evento. O feito da aprobación deste Plan xa os exime de toda responsabilidade, polo que estas recaen en exclusiva sobre as administracións, e nelas deberán dirimirse” explicaba Xosé Lois Jácome, concelleiro do grupo municipal da Marea de Vigo.

Rubén Pérez e Xosé Lois Jácome, portavoces de Marea de Vigo/ Miguel Núñez

Pola súa parte, Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal, fixo fincapé na “actuación” que “están levando a cabo tanto o goberno local de Abel Caballero “como a Autoridade Portuaria, co seu presidente á cabeza”.

“Non podemos consentir que se lle intente ‘cargar’ a responsabilidade do accidente á organización de O Marisquiño, ou que digan que son eles os que teñen que revisar as infraestruturas da cidade. O presidente da Autoridade Portuaria foi quen de dicir isto en público, e isto, xunto a outras cuestións como a tentativa de privatización dos servizos do porto pesqueiro, a xestión do conflito da estiba ou a relación tan absolutamente dictatorial que ten coa representación dos traballadores do Porto, sustentan a petición de cese inmediato que imos trasladar”, declararon.

Rubén Pérez tamén explicou os motivos polos que a Marea de Vigo vai pedir no Pleno Ordinario a apertura dunha Comisión de Investigación, á marxe do Pleno Extraordinario que, segundo a Marea de Vigo, non é suficiente para dirimir as responsabilidades políticas que corresponden.

“O lóxico era que o alcalde, ao ter acontecido algo no seu termo municipal, de ‘motu propio’ abrise unha comisión especial de investigación. Neste caso, non foi así e indicáronnos que tiñamos que solicitala no Pleno, e iso é o que imos facer o vindeiro mércores”, aseguran.

“Isto precisa dun traballo detallado e con toda a documentación enriba da mesa, no que tamén os técnicos municipais nos poidan explicar o acontecido. Isto é o suficientemente importante como para que non o limitemos a falar 5 minutos cada grupo nun Pleno Extraordinario”, concluíron.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...