InicioPolíticaO Concello asegura que todo canto fixo en relación ao Marisquiño foi...

O Concello asegura que todo canto fixo en relación ao Marisquiño foi “legal e transparente”

Acusan a Elena Muñoz de "ignorancia e mala intención" nas súas críticas, e ao Porto de Vigo de aprobar a autorización "sen a cal non tería ocorrido nada posteriormente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Carlos López Font vén de acusar a portavoz do PP en Vigo, Elena Muñoz, de “inventarse conceptos” como o de “autorización global” para atacar ao Concello de Vigo a raíz do acontecido no Marisquiño.

“É un concepto absolutamente inventado pola señora Muñoz, e estou seguro de que o inventa porque non atopou outra cuestión e porque sabe que todo o que realizou este Concello está ben e dentro da legalidade”, asegura.

“Aquí os feitos concretos son que é Porto de Vigo quen autoriza o Marisquiño. E categoricamente, se esta autorización non se realizara por parte do Porto, non ocorrería nada posteriormente. Esta é a autorización que xera a realización deste evento”, subliñan desde o Concello.

O Marisquiño 2018/ Miguel Núñez

López Font defendeu, polo tanto, que as autorizacións do goberno vigués foron posteriores e só de dúas actividades, do concerto e da baixada: “Nós non podemos fiscalizar ao Porto de Vigo, porque non é competencia nosa”.

“Muñoz invéntase o concepto porque sabe que cumprimos desde o primeiro ata o último momento. Dado que é un tema tan serio, dubido se a señora Muñoz é malintencionada ou non sabe destes temas, témome que as dúas á vez”, espetou.

“Como todos os anos co Marisquiño, o que fixemos está dentro da legalidade e da transparencia, e “se houbera licencia global, sería a do Porto”, engadiu López Font.

Ás preguntas dos medios, respostou que “o plan de autoprotección presentouse primeiro ao porto de Vigo, se o Porto de Vigo, sobre as súas instalacións, dixo que non había que facer unha proba de carga, creo que queda todo dito”.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...