InicioSucesosO Marisquiño celebra que tódolos feridos estén xa fóra de perigo e...

O Marisquiño celebra que tódolos feridos estén xa fóra de perigo e prepara un vídeo de homenaxe

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Marisquiño vén de mostrar a súa ledicia “polo feito de que todas as persoas feridas no accidente do pasado domingo 12 de agosto sexan dadas de alta, excepto dúas que se atopan fóra de perigo e farano nos próximos días. Esperamos e desexamos que todos os feridos se recuperen canto antes”.

Destacaron ademais desde a organización o apoio recibido “por parte dos seguidores do festival, os patrocinadores, a Asociación de Festivais de Galicia e riders nacionais e internacionais. Tamén damos as grazas a voluntarios anónimos que axudaron aos feridos e ao gran traballo dos equipos sanitarios, así como a todos os corpos de seguridade, Policía Nacional, Policía Portuaria, Bombeiros, Policía Local e Protección Civil”.

O Marisquiño 2017 / Miguel Núñez

Tamén agradeceron as mensaxes de solidariedade recibidos de distintas partes do mundo a través das Redes Sociais, e o apoio das tres Federacións Internacionais que conceden as competicións coas que conta o evento: a World Cup Skateboarding, a FIBA -Federación Internacional de Baloncesto- e a FMB de Dirt Jump.

“Todas elas transmitíronnos a súa confianza na organización e os seus ánimos para continuar no futuro coas probas que puntúan no ranking mundial e como plataforma de clasificación para as Olimpíadas de Xapón 2020”, engaden.

O Marisquiño 2017 / Miguel Núñez

O Marisquiño espera que a investigación xudicial, na que aseguran estar colaborando, “poida aclarar as causas do sucedido e establecer as oportunas responsabilidades”. Mañá martes 21 de agosto ás 14.00 horas presentarán “No more”, o vídeo oficial de O Marisquiño 2018, dedicado a todos os feridos, voluntarios e servizos de urxencia.

ÚLTIMAS

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...

Confirman a ocupación do castro das Hortas nas illas Cíes

A segunda campaña arqueolóxica no castro das Hortas, nas illas Cíes, confirmou que a...