InicioVigo e contornaVigoO PP négase a ampliar a vivenda pública no polígono de Navia

O PP négase a ampliar a vivenda pública no polígono de Navia

"Non vai liquidar os problemas de vivenda dos galegos", apuntaron en pleno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do BNG Luís Bará acusou ao PP de que “a súa alternativa é gobernar e branquear á ultradereita”, o que “xa o están facendo en Castela e León, en Madrid, en Andalucía”, a través de “unha axenda antigalega, machista, xenófoba”. Estas palabras provocaron unha rifa no Pleno do Parlamento, con queixas airadas por parte da bancada popular, á vez que o presidente da Cámara, Miguel Santalices, emprazou a Bará a retirar as palabras de “machista” e “xenófoba”. Ante a negativa do deputado nacionalista a emendarse, o dirixente do PPdeG quitou esas mencións do diario de sesións e fíxolle unha chamada á orde.

Na súa toma da palabra, Santalices xustificou esta decisión en que “hai algunhas palabras que ofenden a dignidade dun grupo”. “Eu milito, para ben ou para mal, nese grupo e síntome ofendido (…) son o presidente, pero son do Grupo Parlamentario Popular, que son os que me votaron”, defende. Este debate tivo lugar con motivo dunha proposta do Bloque que emprazaba á Xunta a establecer a gratuidade das autovías de titularidade autonómica, AG-55 e AG-57, de maneira temporal mentres persista o actual contexto de subida de prezos. Os populares tombaron cos seus votos a proposta.

Así, Bará ha sinala que, “na política, ás veces hai que escoller entre o malo e o peor: vostedes son o peor para Galicia e para as clases traballadoras”, dixo aos populares. Remarca que o PP pasou á oposición en España porque tivo “unha condena de corrupción”. “Ían vender a sede de Madrid, agora o novo equipo supoño que xa vai seguir en Génova 13, xa está contento alí”, arremeteu.

CRÍTICAS A SANTALICES

Posteriormente, a deputada Alexandra Fernández censurou a postura do presidente do Parlamento galego, ao que avisou que “non pode silenciar” as críticas ao PP, que “non só está a comprar a axenda da extrema dereita, senón que se está negando a posibilidade de que se denuncie a violencia machista”, porque “cando o presidente (Feijóo) nega a violencia vicaria está a negar a violencia machista”. “Non o imos a aceptar”, deixa claro.

“Non somos nin machistas nin xenófobos”, afirmou Teresa Egerique (PPdeG). A Alexandra Fernández lembroulle o seu paso polas mareas, mentres di que “o número un do seu partido”, en alusión a Pablo Iglesias, dixo que “a azoutaría ata que sangrase” (en referencia a unhas mensaxes filtradas sobre Mariló Montero).Vista xeral do Parlamento Galego a 13 de outubro de 2021, en Santiago. Álvaro Ballesteros - Europa PressVista xeral do Parlamento Galego a 13 de outubro de 2021, en Santiago. Álvaro Ballesteros – Europa Press

NEGATIVA A AMPLIAR A VIVENDA PÚBLICA

Nesta proposición non de lei, o Bloque defendía unha proposta para realizar un plan co que establecer a vivenda pública a desenvolver nos polígonos de Navia, en Vigo. A iniciativa tamén foi vetada polos populares, segundo Egerique porque é un “canto de serea” que “non vai liquidar os problemas de vivenda dos galegos”.

A deputada do BNG Alexandra Fernández denunciou que Alberto Núñez Feijóo “botou o freo” á creación de vivenda pública en Galicia, con cifras “vergoñosas” como só dúas vivendas deste tipo en 2018. Acusa o presidente da Xunta de que “imita tal cal o modelo de Thatcher” de atacar á vivenda pública.

Pola súa banda, Noelia Otero (PSdeG) denunciou que, a data de 4 de abril, había un total de 16.388 persoas inscritas no rexistro único de demandantes de vivenda, dos que case 6.000 están na cidade de Vigo. Unha situación que a deputada socialista achaca ao “colapso” pola “ausencia absoluta de políticas públicas en materia de vivenda” por parte da Xunta de Galicia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Investigan un posible ‘pique’ entre dous coches de alta gama que foron captados a 177 km/h na A-55

O Subsector de Tráfico de Pontevedra investiga a tres persoas por un posible 'pique' entre dous vehículos que foron...

Caballero asegura que o goberno de Vigo quere cumprir a lei coas festas locais

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que o goberno local non...

Crean en Vigo unha app que recoñece situacións de risco de violencia machista e facilita a resposta policial

A sede da Zona Franca de Vigo acolleu este mércores a presentación da app...

Rueda celebra o inicio de obras da ETEA e urxe a Concello e Zona Franca a cumprir a súa parte

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este martes as obras da urbanización do chamado PS-6,...