Cesada a Comisaria Xefe de Pontevedra “Ya les gustaría a algunas que las violase un antidisturbios”

Estíbaliz Palma nun acto de benvida na Deputación de Pontevedra

A comisaria xefe de Pontevedra, Estíbaliz Palma, foi cesada pola Dirección Xeral da Policía tras afirmar durante unha homenaxe en Vigo ao policía ferido nos disturbios pola sentenza do procés que “xa lles gustaría a algunhas que as violase un antidisturbios”, segundo confirmaron a Europa Press fontes do Miniesterio de Interior.

Os feitos producíronse o pasado 11 de marzo durante a homenaxe ao axente que se viu obrigado a xubilarse polas secuelas das feridas recibidas durante os disturbios rexistrados no outono de 2019. No acto, no que se proxectou un vídeo do ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, dirixido ao axente, a comisaria referiuse ás críticas que recibiu a Policía polo seu papel nestes incidentes.

“Houbo 48 horas en que parecía que a Policía Nacional se transformara e, de súpeto, violaba, maltrataba e non sei cantas cousas facía máis, que xa lles gustaría a algunhas que as violase un UIP (antidisturbios)”, afirmou tal e como adiantou este luns ‘eldiario.es‘.

Tras difundirse nas últimas horas estas palabras, a Dirección Xeral da Policía procedeu ao cesamento da comisaria, unha medida que foi adoptada na tarde deste luns.

A Comisaria fixo tamén alusión ao seu anterior destino na localidade de Pozuelo de Alarcón “Es una plaza nacional, no republicana… Un ámbito estupendo cuando dabas una charla.”

Pozuelo de Alarcón é unha das cidades máis ricas de España e un feudo tradicional do Partido Popular. A esta localidade madrileña refírese a comisaria Palma hoxe en día como “zona nacional”, en alusión ao territorio controlado polo bando fascista durante a Guerra Civil. Alí chegou xa sendo comisaria da Policía Nacional, tras ascender en 2014.

Estíbaliz Palma aprobou recentemente para comisaria principal, o máis alto rango do Corpo, e nestes momentos está á espera de ser convocada ao curso previo a prometer ou xurar o cargo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here