InicioCulturaJuanes ama Vigo

Juanes ama Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concerto de Juanes encheu este mércores o auditorio de Castrelos. Non é a primeira vez que este artista visita Vigo, e declarou varias veces o seu amor pola cidade, ante un público repleto de bandeiras de Colombia, o seu país de nacemento.

Castrelos
Juanes / Miguel Nuñez

A ameaza de chuvia esfumouse e o público entregouse á música dun Juanes que, cousas da vida, estaba de celebración por deixar atrás os 46 anos.

 

Regaláronlle unha tarta no escenario e defendeu que o importante non é festexar o día no que un cumpre, nin pensar en cantos anos son xa, senón vivir o momento, o agora, como se tódolos días foran especiais. En calquera caso, o respectable cantoulle e desexoulle que sexan moitos máis.

Castrelos
Juanes Castrelos / Miguel Nuñez

Si deu a razón a Caballero na beleza da nosa cidade, mais non no que respecta a Castrelos como “mellor auditorio do mundo”. Como en anteriores concertos, houbo problemas de son nas zonas altas do auditorio, e Juanes chegou a preguntar ao público se era certo que no fondo se escoitaba mal. Despois, subiu o volume para contrarrestalo.

Juanes / Miguel Nuñez

Só resta o “concerto de OT” do programa deste Vigo en Festas 2018, cun cartel que levantou certa crítica, pero foi un éxito en canto á afluencia de público.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...