InicioSociedadePiden penas de prisión para empresarios galegos e lusos acusados de traficar...

Piden penas de prisión para empresarios galegos e lusos acusados de traficar con gases refrixerantes prohibidos

Fiscalía sostén que unha empresa afincada na cidade olívica, polo menos de 2010, vendía gas R22.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas de máis de 2 anos de cárcere, e multas que van de 54.000 a 72.000 euros para varios empresarios e as súas sociedades, acusados de comerciar con gases refrixerantes prohibidos, e que serán xulgados desde este martes na sala do Penal 1 de Vigo.

Segundo o escrito de acusación do ministerio público, un dos acusados é responsable dunha empresa afincada na cidade olívica e que, polo menos de 2010, vendía gas clorodifluorometano, coñecido polo seu nome comercial como gas R22, que se utiliza para refrixeración industrial e de buques.

A venda deste gas está prohibida por normativa europea debido a que se trata dun produto que destrúe a capa de ozono, aínda que se contempla a excepción de que se poida importar, reenvasar e exportar a outros países non comunitarios. Tamén se permite vender en territorio da UE se previamente se rexenera.

A Fiscalía sostén que esta empresa e o seu responsable venderon o gas sen rexenerar, a propósito de que estaba prohibido, a outras empresas, que tamén están acusadas neste procedemento xunto aos seus responsables, e a buques.

O ministerio público considéraos responsables dun delito de tráfico ilegal de sustancia destrutora do ozono, e solicita para cada un das catro persoas acusadas nesta causa (dúas delas con documento portugués) a pena de 2 anos e 3 meses de cárcere, multa de 66.000 euros e 9 anos de inhabilitación para comerciar con gases refrigerantes.

Para a empresa galega que vendía o gas pide multa de 72.000 euros e a prohibición de realizar operacións de comercio de gases refrixerantes durantes 2 anos; para outra empresa galega que compraba o produto e o distribuía pide multa de 54.000 euros, a mesma multa que para outra empresa portuguesa que adquiriu o gas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...