InicioSucesosDetido un home sobre o que figuraba unha orde de procura e...

Detido un home sobre o que figuraba unha orde de procura e detención

O home foi detido mentres consumía drogas en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, D.A.G. de Vigo e 55 anos de idade, foi detido na cidade olívica o pasado sábado mentres consumía sustancias estupefacientes despois de que a Policía Local se decatase de que figuraba sobre el unha orde de procura, detención e personación ditada pola Comisaría Local de Vilagarcía de Arousa.

Segundo fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 21,00 horas, cando unha patrulla que estaba a realizar labores de vixilancia observou a un individuo consumindo drogas na confluencia das rúas Oliveira con Baixada Ríos.

Por iso, ao identificar o individuo decatáronse de que figuraba sobre el unha orde de procura, polo que foi detido en atención ao mandato emitido.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...