InicioVigo e contornaVigoO patrimonio natural "que se vai perder" coa construción da PO-101 sobre...

O patrimonio natural “que se vai perder” coa construción da PO-101 sobre Beade e Bembrive

Un fotógrafo recolle ríos e eiras que poderían quedar sepultadas baixo o formigón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúa a mobilización veciñal das parroquias de Beade e Bembrive contra a contrución da vía que separará os seus territorios. A PO-101, concibida como unha vía de alta velocidade que pretende conectar a autoestrada A-55 coa estrada Clara Campoamor, supoñerá tirar abaixo varias das vivendas da zona, pero non só iso. Un fotógrafo da zona vén desevolver un álbum no que amosa o patrimonio natural que quedaría esgazado como consecuencia da intervención. 

As imaxes veñen de ser publicadas no blog Ollarpolafiestra, e dan conta de numerosos espazos ao aire libre situados no trazado previsto para a nova estrada no PXOM ou as proximidades da mesma. Vense ríos, eiras, veigas e campos que quedarían sepultados ou gravemente afectados pola vía.

Segundo explica o autor, tomou as imaxes coa intención de reflectir “o que se vai estragar”. Denuncia, neste aspecto, que “non se fixo estudio de impacto ambiental nin paisaxístico. E doutra banda, deixar imaxes da lembranza do que xa non existirá, ou se verá sustancialmente alterado”.

“Antes de lanzar as máquinas excavadoras a destrozar o patrimonio natural, paisaxístico e veciñal da cidade, compre preguntarse se realmente é imprescindible este vial”, incide o autor, que destaca a potencialidade destas infraestruturas para crear, paradoxicamente, máis atascos, “ao supoñer un aliciente para desprazarse en vehículo privado”. Neste aspecto, fai fincapé na existencia de varias circunvalacións na cidade. “O seu obxectivo está cumprido”, apunta.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...