InicioSucesosIntenta fuxir da policía, descalzo e a peito descuberto, tras invadir unha...

Intenta fuxir da policía, descalzo e a peito descuberto, tras invadir unha casa: “Atraeume o cheiro das flores”

Os feitos aconteceron ao longo da Avenida de Europa, en Samil, esta fin de semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local que se atopaban na zona da Praia de Samil ás 07:40 horas deste domingo 5 de agosto escoitaron o son dunha alarma próxima. Instantes despois comprobaron que se accionara a alarma dunha vivenda unifamiliar situada na Avenida De Samil.

Un varón, que estaba correndo pola leira exterior á casa, ao decatarse da presenza policial saltou o muro de pechadura e comezou a escapar pola Baixada a Samil en dirección ao Centro da Cidade. Ía co torso espido e descalzo, vestindo unicamente un pantalón vaqueiro.

fixo “caso omiso” aos axentes ata a súa captura

Un dos axentes iniciou a súa persecución, á vez que se daba aviso a outras patrullas que puidesen atoparse nas proximidades. En varias ocasións o Policía deulle o alto, facendo o home caso omiso. Finalmente foi interceptado non demasiado lonxe da vivenda da que fuxiu.

Preguntado polo motivo da súa entrada na leira, manifestou que o fixo atraído polo cheiro das flores do interior. Inspeccionada a propiedade comprobouse que unha das persianas da fiestra do salón atopábase forzada e entreabierta. Intentouse contactar coa propietaria, non podendo facelo por atoparse ausente.

Os policías si puideron falar cun empregado da titular da casa, concretamente co xardineiro, quen acudiu alí e informou das circunstancias polas cales puido saltar a alarma, debéndose con toda probabilidade á persiana forzada. Xunto a ela atopábase unha espátula de madeira, que o xardineiro recoñeceu como súa. Ao detido impútaselle un presunto delito de intento de roubo.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...