A ampliación do Ifevi estará terminada a finais de marzo tras un investimento de 7,3 millóns de euros

A Xunta culpa á escaseza de subministracións, á vacinación no recinto e ao Concello dos atrasos nas obras.

Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestruturas.. PARLAMENTO DE GALICIA / Europa Press

A ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) estará terminada a finais de marzo deste ano, despois de máis dun ano de obras e dun investimento de 7,3 millóns de euros. Así o sinalou o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, durante a Comisión sexta de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, levada a cabo este xoves no Parlamento de Galicia.

A pregunta da deputada socialista María Leticia Gallego, quen criticou o atraso da ampliación do Ifevi, Menéndez indicou que a pesar de que nun primeiro momento esperábase que o novo pavillón do Ifevi estivese dispoñible para a celebración da Feira Internacional de Produtos do Mar (Conxemar) en outubro de 2021, isto non puido ser así por varios motivos.

Segundo as súas declaracións, recollidas por Europa Press, a tardanza do Concello en pór a disposición da Xunta os terreos necesarios motivou un descoñecemento das características dos mesmos, que contaban con materiais de “moi mala calidade”, que non eran “aproveitables”. Isto fixo necesario un aumento das escavacións e das retiradas de terra.

Ademais, a utilización das instalacións para a vacinación contra a Covid-19 aumentou o tránsito de persoas na zona, con atascos nas estradas que atrasou a retirada dos devanditos materiais. Doutra banda, a escaseza de subministracións a nivel mundial tamén motivou a dificultade de realizar a obra en tempo e forma.

Con todo, Gallego lamentou que se critique ao Concello e en concreto ao alcalde, Abel Caballero, polo atraso das obras, xa que foi unha das persoas que solicitou dita ampliación e destacou a importancia de Conxemar para a economía Vigo e Galicia.

A isto, Menéndez explicou que o concello podería chegar a un acordo cos veciños para conseguir os terreos, sen ter que chegar a unha expropiación, o cal atrasou a obra. Tamén aproveitou para criticar a necesidade dunha mellora nos accesos ao recinto feiral desde a AP-9, “que Caballero pedía con insistencia ao Goberno de Mariano Rajoy, pero que agora xa hai anos que non pide”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here