InicioEconomíaO aeroporto de Vigo contará con tres destinos internacionais desde novembro, incluíndo...

O aeroporto de Vigo contará con tres destinos internacionais desde novembro, incluíndo Londres e Bruxelas

O alcalde expresou a inteción de que "máis adiante" haxa conexión directa con París.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Vigo terá tres destinos internacionais a partir do próximo mes de noviebre e ata o 31 de decembro de 2025, tal como o anunciou o alcalde, Abel Caballero, que indicou que o concurso para a promoción turística e potenciación de actividades económicas no que traballa en Concello incluirá voos directos a Londres, Bruxelas e a unha terceira ruta internacional a elixir as compañías entre Düsseldorf (Alemaña), Ámsterdam ou Dublín.

“O obxectivo é consolidar o aeroporto de Vigo. Máis adiante tamén queremos voar a París”, reivindicou o rexedor olívico en rolda de prensa, quen explicou que a idea é que estas liñas empecen a operar o 1 de novembro.

Caballero xustificou a elección destes voos sinalando a “importancia vital” de Londres e a cantidade de vigueses que alí residen, así como de Bruxelas, que é un “eixo central” na Unión Europea. Düsseldorf e Ámsterdam pola súa importante actividade turística e por ser aeroportos de conexión con outros destinos e Dublín porque xa existiu esa ruta e “funcionou moi ben”.

“A conectividade témola con Londres e Madrid, e no seu momento terémola con París, pero queremos ofrecer o máximo de conectividade e o máximo número de viaxes de negocios e turísticos”, engadiu o alcalde.

Na actualidade, desde Peinador operan seis aerolíneas: Iberia, AirNostrum, AirEuropa, Binter, Vueling e Ryanair. Este verán haberá voos a 14 destinos diferentes: Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Gran Canaria, Tenerife, Mallorca, Sevilla, Málaga, Santander, Eivissa, Alacante, Menorca e Lanzarote.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...