InicioSociedadePiden 11 anos de prisión para un vigués que abusou sexualmente dunha...

Piden 11 anos de prisión para un vigués que abusou sexualmente dunha nena de 14 anos con discapacidade

A vítima ten un grao de discapacidade recoñecido do 48%.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro martes, día 8, a un veciño da cidade acusado de abusar sexualmente dunha nena de 14 anos cunha “evidente” discapacidade. Fiscalía pide para el l1 anos de prisión.

En concreto, segundo o escrito do ministerio público, os feitos remóntanse ao mes de setembro de 2017, cando o acusado, supostamente, coñeceu á menor nun parque próximo á estación de tren de Guixar e intercambiou con ela os números de teléfono móbil. O escrito apunta que a nena “padece trastorno por déficit de atención e impulsividade tipo combinado, un atraso madurativo, alteración de conduta e trastorno de desenvolvemento cun grao de discapacidade recoñecido do 48%”. “Con pleno coñecemento de que a nena padecía un evidente atraso”, o home quedou con ela tempo despois nos trasteiros do domicilio da menor, onde abusou sexualmente dela.

O Fiscal considera ao home culpable dun delito de abuso sexual a menor de 16 anos e pide para el 11 anos de cárcere, así como 10 anos de liberdade vixiada unha vez concluída a pena de prisión. Tamén estende por unha década a petición de afastamento e comunicación coa vítima, para a que reclama unha indemnización de 9.000 euros.

AGRESIÓN SEXUAL

Pola súa banda, a sección segunda da Audiencia de Pontevedra xulgará tamén esta semana a un home acusado de agredir sexualmente a unha amiga. A vista está sinalada para o xoves.

En concreto, segundo o escrito fiscal, a vítima e o presunto agresor atopábanse no domicilio da muller na madrugada do 11 ao 12 de agosto de 2020. Tras estar vendo a televisión, a vítima quedou durmida e, ao espertarse, sorprendeu ao home agredíndoa sexualmente.

O Ministerio Público pide para o acusado cinco anos de prisión, así como a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima durante sete anos, unha vez cumprida a pena de cárcere. Tamén solicita para a muller unha indemnización de 6.000 euros.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...