InicioSucesosPasa a disposición xudicial o detido pola súa implicación na malleira a...

Pasa a disposición xudicial o detido pola súa implicación na malleira a dous mozos de Vigo

A Policía continúa as pescudas para dar co segundo agresor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O detido pola súa presunta vinculación cunha agresión a dous mozos no centro de Vigo, ocorrida a pasada fin de semana, pasou á primeira hora deste xoves a disposición do xulgado de instrución, procedente da Comisaría de Policía Nacional da cidade olívica.

Mentres, a Policía continúa as pescudas para dar co segundo agresor, que tamén participou na malleira a dous mozos de 20 e 21 anos de idade, que tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os feitos sucederon sobre as 5 da madrugada deste domingo, día 30 de xaneiro, cando os dous sospeitosos emprendérona a golpes con outros dous mozos, na confluencia de María Berdiales e Hernán Cortés. Cando a Policía chegou ao lugar, atopouse coas vítimas coa cara ensanguentada e un deles semiinconsciente. Os agresores fuxiran á carreira.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...