InicioSociedadeO BNG urxe ao Concello a reapertura do Vigosónico e que "deixe...

O BNG urxe ao Concello a reapertura do Vigosónico e que “deixe de castigar” aos mozos

O esparzo leva sen actividade mais de 670 días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo urxiu ao Concello que “deixe de castigar” aos mozos e que reabra o Vigosónico, un local de lecer e ensaio para grupos de música da cidade. Por iso, o concelleiro nacionalista Xabier P. Igrexas instalou de forma irónica no portal do edificio unha cinta vermella para instar o alcalde, Abel Caballero, a que volva inaugurar o espazo.

“Como sabemos que o único que lle preocupa a Caballero son as inauguracións, vimos instalar de forma simbólica unha cinta para convidalo a que reabra de forma inmediata Vigosónico”, engadiu o concelleiro.

Igrexas lembrou que este espazo leva sen actividade máis de 670 días, xa que desde que estalou a pandemia non volveu reabrir. “É a única dotación municipal que aínda non recobrou a normalidade despois do seu peche en plena pandemia”, criticou.

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...