InicioSociedadeO alcalde de Vigo acusa a Xunta de "aportar millóns" ás festas...

O alcalde de Vigo acusa a Xunta de “aportar millóns” ás festas de Santiago e nada ás viguesas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o novo presidente da Zona Franca, David Regades, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitaron este xoves pola mañá a montaxe das instalacións deportivas do Marisquiño, festa internacional do deporte urbano que se celebrará os días 10, 11 e 12 de agosto na nosa cidade.

Neste acto público, o alcalde vigués lamentouse do “abandono económico” por parte da Xunta de Galicia: “Aportaron millóns de euros aos eventos festivos en Santiago e non aportan nada ás festas do Concello de Vigo, e escasamente 40.000 euros ao Marisquiño”.

Regades congratulouse de que “este ano o tempo vai actuar novamente como patrocinador e se vai portar moi ben”. Ademais, confesou estar moi contento coa integración do baloncesto este ano. É a primeira edición que conta cun torneo de baloncesto 3×3, que se organiza da man da federación internacional de Baloncesto e dentro do seu circuíto mundial.

Carmela Silva, pola súa banda, sinalou como este festival “sitúa a toda esta gran área cuxo centro é Vigo, a cidade máis importante de Galicia, en tódolos lugares do planeta, e iso ten un valor incalculable. Polo que a Deputación de Pontevedra non podía facer outra cousa que colaborar”.

 

Para rematar, Caballero celebrou de novo o papel renovado dos concellos na noita contra a violencia de xénero: “Un concello como o de Vigo, que estamos tan involucrados en isto, que dedicamos máis de 600.000 euros anuais, non tiñamos a competencia. Pois a partir de mañá a recuperaremos”.

Para Caballero, é un cambio necesario “que a primeira atención á muller vítima de violencia sexan o persoal de servizos sociais dos concellos, persoas, mulleres, psicólogas que coñecen moi ben esta situación”.

ÚLTIMAS

Varios feridos, entre eles un xogador, tras ceder un muro das gradas no campo de fútbol do Gondomar

Un partido de fútbol cadete entre o Gondomar CF e o Val Miñor rematou...

A RAGBA incorpora a Carlos López Bernárdez como experto en artes

O historiador de arte Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) ingresou este sábado na Real...

Dous accidentes en poucas horas deixan varios feridos leves en Vigo

O 112 informou de que unha saída da vía en Vigo propiciou que o...

Enfrontan penas de ata 5 anos por un roubo a man armada nun banco de Vigo

Dous homes acusados dun roubo con intimidación, como supostos autores dun atraco perpetrado nunha...