InicioVigo e contornaVigoBaixan os pacientes UCI en Vigo pero os casos activos seguen á...

Baixan os pacientes UCI en Vigo pero os casos activos seguen á alza

A área olívica segue á cabeza de Galicia con 13.745 positivos tras sumar case 200 na última xornada.

PUBLICADO O

Os casos activos de Covid-19 seguen en aumento, aínda que a menor ritmo que días anteriores, e pasan a barreira dos 62.000, ao situarse en 62.693 (+1.058), mentres que os novos contaxios sitúanse por baixo dos 4.000 (3.557). Continúan incrementándose os hospitalizados, con 409 pacientes –que supoñen 15 máis que o día anterior–. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa ata o 26,01%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do venres, mantéñense en 51 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en toda Galicia, pero aumentan a 358 as hospitalizadas noutras unidades –15 máis–. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en catro das sete: entre elas a de Vigo, na que baixan a 11 os pacientes en UCI –dous menos– pero increméntanse ata 78 os ingresados en unidades convencionais –dez máis–.

MÁIS DE 62.000 CASOS

Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso en Galicia ata os 62.693, cifra récord desde o inicio da pandemia, 1.058 máis que os rexistrados ata o día pasado, ao haber de novo máis contaxios (3.557), que altas (2.492), ao que se engaden oito falecementos. O maior aumento de casos activos corresponde á área de Ourense (+352), seguida da da Coruña (+207), Vigo (+186), Lugo (+129), Santiago (+117), Pontevedra (+36) e Ferrol (+31).

Aínda así, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 13.745; seguida da da Coruña e Cee, con 11.804; Santiago e Barbanza, con 11.472; Ourense, con 7.806; Pontevedra e O Salnés, con 7.530; Lugo, con 6.311; e á cola segue a de Ferrol, con 4.025. Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este venres, a incidencia acumulada a 14 días de Galicia sobe a 2.597,08 3 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 2.722,27 de media en España.

Nas últimas 24 horas leváronse a cabo en Galicia 8.429 PCR, o que eleva a 3.402.344 as realizadas ata o momento; e 7.746 test de antíxenos, que suman 1.208.092 desde o inicio da pandemia, o que supoñen 16.175 probas feitas entre ambas.

En canto á taxa de positividade en PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, baixou ata o 26,01% desde o 29,06% do venres, tras situarse no 24,15% este xoves, no 23,3% o mércores, descender ao 21,88% o martes e iniciar esta semana cun 28,54%. Por tanto, mantense moi por enriba do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en Galicia ascenden 2.813, ao notificar a Consellería de Sanidade este venres oito vítimas máis. Polo seu lado, 212.570 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse na Comunidade galega desde o comezo desta crise sanitaria, que constitúen 2.492 máis que as contabilizadas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...