InicioVigo e contornaVigoFalece unha muller de 83 anos hospitalizada por covid en Vigo

Falece unha muller de 83 anos hospitalizada por covid en Vigo

O Sergas notifica catro falecementos a causa da pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas informou nas últimas horas da morte de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Entre estes óbitos, un correspóndese co pasado 31 de decembro, relativo a unha muller de 83 anos que faleceu no hospital vigués de POVISA. Nos casos restantes, pola contra, a morte foi certificada na xornada do pasado luns 3: trátase, de acordo co organismo dependente de Sanidade, dunha muller de 79 anos que morreu no HULA, un home de 89 anos no CHUAC e outra muller de 87 anos, no CHOP. A conta total de falecidos por covid en Galicia ascende así a 2.676 persoas.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...