InicioSociedadeRestrinxida a actividade en 14 centros de Primaria, cuxos médicos só atenderán...

Restrinxida a actividade en 14 centros de Primaria, cuxos médicos só atenderán urxencias e Covid ante a ameaza do colapso

Xustifican as medidas co "crecemento explosivo do número de contaxios de Covid".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A evolución da pandemia de Covid e a incidencia disparada na área sanitaria de Vigo, que ameaza con colapsar a Atención Primaria, levou ao Sergas a restrinxir a actividade en varios centros de saúde, cuxos facultativos só atenderán urxencias e casos de Covid.

Así se recolle nunha instrución da Dirección de Atención Primaria, na que se xustifican as medidas ante o “crecemento explosivo do número de contaxios de Covid” e a previsión de que este se manteña, e para axudar aos profesionais dos centros de saúde a “soportar” a situación.

Por iso, confirmaron fontes sanitarias a Europa Press, adoptáronse unha serie de medidas ante o “déficit de persoal facultativo” que sofren varias unidades de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo. Estas medidas, que conciernen só ao persoal médico, consisten en “descitar” toda a actividade programada que sexa demorable, bloquear todos os ocos dispoñibles nas axendas de citación, e “traballar unicamente a demanda, atendendo soamente a consulta urxente e a relacionada con Covid”.

No entanto, as mesmas fontes precisaron que ditas medidas (que están en vigor ata o 10 de xaneiro, momento en que se reevaluará a situación) non se aplicarán en todos os centros de saúde, senón naqueles que presentan un déficit de médicos do 50 % ou máis. De feito, sinalaron que algúns centros contan con só un terzo do persoal facultativo, e lembraron que esta situación se debe a que hai moitos profesionais de baixa, e outros de vacacións ou días libres.

A restrición de actividade afecta as unidades de Primaria do Rosal, A Guarda, Oia, Cangas (na quenda de tarde), Moaña (na quenda de tarde), Ponteareas, O Porriño, Tomiño, e os centros de Vigo de Navia, Nicolás Pena, Beiramar, Casco Vello, Matamá e Teis (na quenda de tarde).

SANIDADE

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, descartou que o Sergas amplíe a toda a atención primaria as restricións da actividade activadas en 14 centros de saúde da área de Vigo.

“Isto vén derivado dun contexto do período vacacional do propio centro de saúde e onde, ademais, temos unha incapacidade temporal sobrevinda”, sinalou o coselleiro.

O titular de Sanidade dixo que “hai polo menos 20 centros de saúde en Vigo” nos que “esta medida non se tomou”. “Nos que se tomou foi naqueles nos que o número de facultativos está por baixo do 50%, mesmo nalgúns casos por baixo do 33%”, sinalou.

PSDEG

O PSdeG cualificou de “terrible e gravísima” a restrición de actividade ditada. O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, lamentou a directriz interna do Sergas e advirte que supón “unha alerta do que pode ocorrer no futuro, noutros momentos e outros lugares de Galicia” por culpa “das políticas sanitarias lesivas do PP”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...